Gibson, Ralph

Gibson, Ralph

Fotógrafo. Iniciouse como fotógrafo da Mariña (1956-1960). Influenciado por Cartier-Bresson, Robert Frank e William Klein, realizou imaxes en branco e negro abstractas sobre a cidade e os seus habitantes. Colaborou nas revistas Camera, Creative Camera, Camera 35, Popular Photography e Modern Photography. Posteriormente, creou a súa propia editorial. Expuxo na George Eastman House de Rochester e no MOMA de Nova York, entre outros lugares. Publicou as fotonovelas The Somnambulist (1970), Déja-Vu (1973) e Days at Sea (1974), e os libros Darkroom, Darkroom II, SX-70 e Nude: Theory. Recibiu, entre outros galardóns, o National Endowment for the Arts (1973 e 1977) e o Deutscher Akademischer Austauschdienst de Berlín (1979).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Los Angeles, California