Gidalewitch, Ignaz Nachum
Gidalewitch, Ignaz Nachum
Fotógrafo. Coñecido como Tim Nachum Gidal, colaborou coas revistas Münchner Illustrierte Press e Picture Post. En 1930 participou nunha exposición sobre a primeira experiencia televisiva no Deutches Museum. Nunha viaxe á India realizou unha reportaxe sobre Mahatma Gandhi que o levou a ser coñecido mundialmente. Foi tamén redactor xefe da revista militar Parade. En 1948 instalouse nos EE UU e traballou na revista Life e como profesor na Nova Escola de Investigacións en Ciencias Sociais. Publicou Deutschland-Beginn des modernen Photojournalismus (1972) e Modern Photojournalism: Origin and Evolution 1910-1933 (1974).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Múnic