Gil-Robles y Quiñones, José María
Avogado e político. Catedrático de Dereito político, en 1931 foi elixido deputado agrario por Salamanca ás Cortes constituíntes da Segunda República. Como líder de Acción Popular, participou na fusión que deu lugar á CEDA, agrupación vencedora nas eleccións de 1933, e formou parte do goberno (1935) como ministro de Guerra, carteira desde a que deu cargos de responsabilidade a Franco, M. Goded e J. Fanjúl. Nas eleccións de 1936 presentouse como candidato do Frente Nacional, acentuando os aspectos nacional-socialistas do seu partido (facíase chamar el jefe), pero foi derrotado polo Frente Popular. Partidario da restauración monárquica, ao non producirse esta trala Guerra Civil exiliouse en Portugal como membro do consello privado de don Xoán de Borbón, conde de Barcelona. No ano 1975 organizou a Federación Popular Democrática e participou sen éxito nas eleccións xerais de 1977. Entre outras obras escribiu No fue posible la paz (1968).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Salamanca -
Deceso
Lugar : Madrid