Giolitti, Giovanni

Giolitti, Giovanni

Político italiano. Primeiro ministro en varias ocasións (1892, 1903-1905, 1906-1909, 1911-1914), católicos e socialistas moderados apoiaron a súa política de reformas: nacionalizacións, previsión e seguros sociais, recoñecemento legal dos sindicatos e introdución do sufraxio universal masculino. En política exterior declarou a guerra a Turquía (1911), ocupou Tripolitania (1912) e postulou a neutralidade na Primeira Guerra Mundial. Volveu á presidencia do consello durante os anos da posguerra (1920-1921).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Mondovi, Piemonte

  • Deceso

    Lugar : Cavour, Piemonte