Fiz IV, san

Fiz IV, san

Papa (526-530). Imposto polo Rei Teodorico, foi aceptado polos clérigos romanos. Mantivo boas relacións coa rexente Amalasunta e conseguiu impoñer a potestade do bispo de Roma fronte aos tribunais civís nos enfrontamentos entre clérigos e laicos. Condenou o semipelaxianismo e, polo Edito de Símaco (529), designou como o seu sucesor o arcediácono Bonifacio. A súa festividade celébrase o 24 de abril.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Benevento