floración

floración

(< florear)

s f [BOT]

Proceso de formación das flores que comporta a transformación da xema vexetativa en xema floral. Isto implica un cambio no meristema da xema, fórmanse o periantio, os estames e os carpelos. Na maioría das plantas a floración depende do fotoperíodo (ciclos de día longo ou curto) e da temperatura (alta ou baixa). As condicións axeitadas de fotoperíodo e de temperatura dan lugar á síntese de fitohormonas, que inducen á floración. Non obstante , algunhas especies son indiferentes a estas variables ecolóxicas, e dependen só do estadio de crecemento da planta. Tamén se denomina florescencia.

Palabras veciñas

flora | Flora | Flora, santa | floración | floral | Florange | flordelisado -da