Flora

Flora
[ONOM]

Antropónimo que ten a súa orixe no latín Flora, nome persoal moi espallado entre os romanos, motivado pola deusa romana da primavera; etimoloxicamente, relaciónase coa raíz da palabra latina flos, floris ‘flor’. No ano 238, trala perda das colleitas, erixíuselle en Roma un templo xunto ao Circo Máximo e reformouse o culto, que pasou a celebrase o 28 de abril. As festas, chamadas Ludi Florales (ou Xogos florais ou de Flora), exaltaban a natureza para pedirlle a completa floración das plantas e dos froitos. A súa festividade celébrase o 24 de novembro.

Palabras veciñas

Flora | Flora | flora | Flora | Flora, santa | floración | floral