Galicia Agrícola, Comercial e Industrial
Galicia Agrícola, Comercial e Industrial
Publicación editada en Vigo a partir do 1 de febreiro de 1895. Subtitulouse “Revista semanal consagrada al estudo y defensa de la agricultura, la industria y el comercio en Galicia”. Dirixiuna Adolfo Lahorra. Tirou do prelo cando menos 12 números. Incluíu información de carácter técnico e económico sobre agricultura, gandería, comercio e industria en Galicia. Atendeu tamén a congresos do sector e inseriu notas bibliográficas.