Giro de Italia
Giro de Italia
Carreira ciclista de fondo en estrada por etapas. A primeira edición celebrouse en 1909, promovida pola publicación deportiva milanesa La Gazzetta dello Sport. Dende entón dispútase con periodicidade anual no mes de maio; só durante a Primeira e a Segunda Guerra Mundial se cancelaron as edicións de 1915-1918 e 1941-1945. En 1931 estreouse a maglia rosa para distinguir na carreira o mellor situado na clasificación xeral. Os ciclistas que conseguiron un maior número de títulos nesta proba foron Alfredo Binda (1925-1933), Fausto Coppi (1940-1953) e Eddy Merckx (1968-1974). O único ciclista español que se proclamou vencedor desta proba foi Miguel Induráin, nas edicións de 1992 e 1993.