Giunti
Giunti
Familia de tipógrafos e editores florentinos. Estaba composta por Filippo Giunti (1450-1517); o seu fillo Bernardo Giunti (1487-1551), que imprimiu a famosa edición de 1527 do Decameron; Luca Antonio Giunti (1457-1538), irmán de Filippo establecido en Venecia (1503); e o seu fillo Tommaso Giunti (1494-1566). A marca desta familia era unha flor de lis heráldica.