glacial
glacial
(< lat glaciāle)
-
adx
[XEOG]
-
Aplícase ás terras e mares das zonas polares.
-
Aplícase a un intervalo de tempo xeolóxico marcado por un avance do xeo cara ao Ecuador. Estes denomínanse períodos glaciais ou épocas glaciais.
-
-
adx
Que está frío coma o xeo.
Ex: Sopraba un vento glacial.
-
adx
Que é frío, sen emocións nin afecto.
Ex: Dirixiulles unha mirada glacial.