glacioloxía

glacioloxía

(

s f [XEOL]

Ciencia que estudia a formación e o comportamento do xeo e as diversas formas en que este se presenta na natureza (inlandsis, glaciares, icebergs, etc). O xeo está formado por numerosos cristais con estruturas moi complexas; a causa da presión, que é moi elevada en determinadas concentracións de xeo, experimenta un tipo determinado de metamorfismo que o fai altamente consistente, e o seu comportamento non se afasta moito do observado nalgúns tipos de rochas. Pódense ver distintas capas, correspondentes a diversos períodos climáticos.