glacioeustatismo
glacioeustatismo
(
s
m
[XEOL]
Conxunto de movementos do nivel mariño provocados pola fusión ou a solidificación da auga mariña, que predominaron durante o Plistoceno. O eustatismo glacial pódese confundir con determinados movementos tectónicos ou epiroxenéticos motivados por un reaxuste isostático; estes movementos son, normalmente, locais ou limítanse a certas rexións, mentres que os movementos eustáticos pódense estender ao longo de centos de quilómetros, con independencia de unidades tectónicas ou estratigráficas. A elevación do nivel mariño como consecuencia da fusión de todo o xeo existente estimouse en 40-60 m, polo que as liñas de costa situadas a máis altura hai que atribuílas a deformacións tectónicas.