Gladstone, William Ewart

Gladstone, William Ewart

Estadista inglés. Afiliado ao Tory Party, formou parte do goberno de Peel como ministro de Comercio (1843-1845) e como ministro das Colonias (1845-1846). Progresivamente foise afastando do conservadurismo, ata ingresar no Liberal Party (1859) e converterse en dirixente do partido (1867). Desempeñou os cargos de ministro de Finanzas (1859-1866) e primeiro ministro (1868-1874), desde os que despregou unha actividade reformadora de carácter progresista. Vencido nas eleccións de 1874 por Disraeli, iniciou unha dura campaña de crítica ás pretensións imperialistas deste, e propugnou a cambio unha política de equilibrio europeo. No seu segundo mandato (1880-1885) proxectou a Reform Act, reforma electoral (1884); e no terceiro (1886) e cuarto (1892-1894) tentou, sen éxito, que o parlamento aprobase conceder unha ampla autonomía para resolver o problema irlandés (Home rule).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Liverpool

  • Deceso

    Lugar : Penarlâg, País de Gales