glande
glande
(< lat glande ‘landra’)
-
s
m
[ANAT]
-
Extremo do pene cuberto polo prepucio e formado pola ampliación do corpo esponxoso, no que desemboca a uretra no seu extremo anterior.
-
Porción de tecido eréctil que se localiza na punta do clítoris.
-
-
s
m
[BÉL]
Proxectil de pequeno tamaño, normalmente de chumbo e en forma de améndoa, que empregaban os romanos para lanzalo coa fonda, coa man ou con calquera outro instrumento. Algunhas veces levaban inscricións despectivas contra o inimigo.