glande

glande

(< lat glande ‘landra’)

  1. s m [ANAT]
    1. Extremo do pene cuberto polo prepucio e formado pola ampliación do corpo esponxoso, no que desemboca a uretra no seu extremo anterior.

    2. Porción de tecido eréctil que se localiza na punta do clítoris.

  2. s m [BÉL]

    Proxectil de pequeno tamaño, normalmente de chumbo e en forma de améndoa, que empregaban os romanos para lanzalo coa fonda, coa man ou con calquera outro instrumento. Algunhas veces levaban inscricións despectivas contra o inimigo.

Palabras veciñas

Glåma | Glamorgan | glamour* | glande | glandífero -ra | glandiforme | glandívoro -ra