Glass, Philip

Glass, Philip

Compositor estadounidense. O contacto con R. Shankar e coa música india marcaron o seu estilo, caracterizado por esquemas repetitivos. Formou o grupo Philip Glass Ensemble, onde desenvolveu as súas experimentacións minimalistas, que logo reflectiría nas súas bandas sonoras. Da súa discografía destaca Akanaten (1987), Anima Mundi (1993), Hydrogen Jukebox (1993), Essentiel Philip Glass (1993), “Heroes”. Symphony (1997), Koyaanisqatsi (1998), Early Voice (2002) e Descent in to the Maelström (2002).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Baltimore