Glaucium
Glaucium
[PLANTA]
Xénero de plantas herbáceas, da familia das papaveráceas, con látex amarelo, que se caracteriza por presentar follas máis ou menos lobuladas, de flores axilares ou terminais solitarias de cor amarela ou alaranxada, e o froito en cápsulas silicuiformes que abre de arriba a abaixo. En Galicia está presente en zonas de beiramar a especie G. flavum.