Glauco
Glauco
[MIT]
Divindade mariña da mitoloxía grega. A lenda conta que era pescador de Antedón (Beocia), fillo do fundador epónimo desta cidade, e de Halcíone, ou quizais de Posidón e dunha náiade. Naceu sendo mortal pero, logo de comer unha herba, converteuse nunha divindade inmortal e profética. Tentou seducir, en balde, a Escila e Ariadna.