Glazov
Glazov
Cidade da República dos Udmurtos, Rusia, situada ao N da república, á beira do Čepca (106.000 h [1991]). Fundada a finais do s XVI, recibiu o título de cidade en 1780. Concibida cun plano radial polo arquitecto Ivan Lem, do seu patrimonio cultural destaca a catedral de Preobrazhensky (1793).