gliceraldehido

gliceraldehido

(

Nome científico: [2, 3-dihidroxipropanal:CH<sub> 2</sub> OHCHOHCHO]
s m [BIOQ]

Aldehido que se obtén da glicerina por oxidación con peróxido de hidróxeno. É a aldotriosa máis simple. É un importante produto intermedio no metabolismo dos carbohidratos. A causa do seu carbono intermedio asimétrico, o gliceraldehido é unha molécula quiral e preséntase en dúas formas opticamente activas, que se representan por L (ou +) e D (ou -), designación que se emprega tamén para todas as substancias de estrutura semellante. Tamén recibe o nome de aldehido glicérico.

Palabras veciñas

glicemia | glicémico -ca | glicer(o)- | gliceraldehido | glicerato | glicérico -ca | glicérido