glicólico, ácido

glicólico, ácido
Nome científico: [ácido hidroxiacético: HOCH<sub> 2</sub> COOH]
[QUÍM]

Hidroxiácido que se presenta na acelga e no zume da caña de azucre. Obtense por acción do NaOH sobre o ácido monocloroacético, ou por redución electrolítica do ácido oxálico. Emprégase moito na industria téxtil e na obtención de adhesivos. Ten unha forte acción irritante sobre a pel e as membranas mucosas.

Palabras veciñas

glicocola | glicocorticoide | glicol | glicólico, ácido | glicolípido | glicólise | glicolítico -ca