glicólise

glicólise

(< glico- + -lise)

s f [BIOQ]

ía de degradación da glicosa ata a obtención de ácido pirúvico, que comporta a liberación de enerxía en forma de ATP. Nesta vía, que se denomina vía de Embden-Meyerhof-Parnas (EMP) ou vía glicolítica, pódense distinguir tres fases. En primeiro lugar, a fosforilación da glicosa que produce glicosa-6-fosfato e a fragmentación en dúas moléculas de triosa-fosfato. Esta etapa require dúas moléculas de ATP por molécula de glicosa. En segundo lugar, a deshidroxenación da triosa-fosfato, a través de diversas etapas, transformación en ácido pirúvico, co que se obteñen dúas moléculas de ATP por molécula de triosa-fosfato. Finalmente, a rexeneración das coenzimas que se reducen, que pode ser por vía anaeróbica (proceso de fermentación) ou por vía aeróbica (proceso de respiración). A glicólise é moi importante para facer fronte ás necesidades enerxéticas en períodos curtos.

Palabras veciñas

glicol | glicólico, ácido | glicolípido | glicólise | glicolítico -ca | glicómetro | gliconato