globalización

globalización

(

  1. s f

    Acción de globalizar.

  2. s f [PSIC]

    Proceso cognoscitivo, propio da psicoloxía infantil, que consiste en percibir, dunha maneira complexa e xenérica, un conxunto e pasar, na seguinte fase, á análise dos compoñentes particulares. Emprégase o método global para o ensino da lectura e da escritura.

  3. s f [ECON]

    Intensificación da internacionalización da produción e dos intercambios, coa constitución dun mercado global. Esta tendencia á uniformización estivo facilitada polo progreso técnico, a internacionalización dos servicios e a homoxeneización das regulacións. A caída do Muro de Berlín desencadeou unha crecente mundialización dos enfoques políticos e incluso un desexo de internacionalización da xustiza. Paralelamente, xurdiu un movemento antiglobalización, de rexeitamento ao capitalismo e ao modelo neoliberal, que acusa o sistema de inxusto e amoral, e leva a cabo numerosas campañas e accións de protesta paralelas ás grandes reunións económicas e políticas internacionais.

Palabras veciñas

Glittertind | Gliwice | global | globalización | globalizante | globalizar | Globicephala