global
global
(< globo)
-
adx
Que está considerado en conxunto ou na súa totalidade.
Ex: Fixo un resumo global da situación política da última década.
Sinónimos: total. Confrontacións: xeral. -
adx
Relativo ou pertencente ao globo terráqueo.
Ex: O cambio climático é un problema global que afecta a todos.
Sinónimos: mundial. Confrontacións: universal. -
método global
[EDUC]
Método empregado para o ensino da lectura e da escritura, que comeza fixándose na palabra ou frase completa, para chegar, nun segundo momento, á descomposición en sílabas e letras.