glomérulo

glomérulo

(< lat glomuere ‘novelo’)

  1. s m [ANAT]

    Aglomeración, xeralmente reducida, de corpúsculos da mesma natureza, existentes no organismo. Os máis importantes son os de Malpighi ou renais, que se constitúen por aglomeracións de arteriolas nos extremos dos condutos uriníferos.

  2. s m [BOT]

    Inflorescencia que se forma por moitas flores pequenas densamente agrupadas nunha masa redondeada.

Palabras veciñas

glomérido -da | glomerular | glomerulite | glomérulo | glomerulonefrite | gloquidio | gloria