glomerulonefrite

glomerulonefrite

(

s f [PAT]

Nome xenérico de cada unha das enfermidades nas que a lesión fundamental é a alteración da estrutura e do funcionamento do glomérulo renal. No ámbito clínico pódense dividir en primarias, se o ril se ve afectado exclusiva ou predominantemente, e secundarias, cando a lesión renal se asocia a outra enfermidade que acada outras partes do organismo. As glomerulonefrites primarias subdivídense na glomerulonefrite aguda, que pode seguir a unha infección farínxea ou cutánea que se producen polo estreptococo betahemolítico do grupo A (glomerulonefrite postestreptococica) ou ben pode estar causado por infeccións que se orixinan por outros xermes (bacterias, virus ou parasitos); a glomerulonefrite rapidamente progresiva ou glomerulonefrite subaguda, moi grave e de evolución rápida cara á insuficiencia renal; a glomerulonefrite crónica, que evoluciona moi lentamente cara á insuficiencia renal e que se asocia con hipertensión e uremia; a glomerulonefrite causante de síndrome nefrótico; e a glomerulonefrite con transtornos urinarios asintomáticos como, por exemplo, a enfermidade de Berger ou a nefropatía Iga, que pode cursar só con hematuria asintomática. As glomerulonefrites secundarias asócianse a bastantes enfermidades sistemáticas, como as inmunolóxicas, neoplásticas ou metabólicas (diabete mellitus).

Palabras veciñas

glomerular | glomerulite | glomérulo | glomerulonefrite | gloquidio | gloria | gloria