gloria

gloria

(< lat glorĭa)

  1. s f
    1. Grande honor, admiración ou fama que alcanza algúen polos seus méritos. Na tradición oral recóllense ditos como: “Coas glorias fóronse as memorias. Nos días de gloria esquécese a memoria. Gloria sen diñeiro é fume de palla”.

      Ex: Acadou a gloria cos seus triunfos deportivos. 

    2. Feito ou acción que é motivo de orgullo, fama ou admiración.

      Ex: O poema relata as glorias daqueles antigos guerreiros. 

    3. Persoa que é motivo de orgullo ou admiración.

      Ex: Estaba considerada unha gloria nacional. 

  2. s f

    Esplendor ou magnificencia.

  3. s f

    Cousa que produce gran placer ou satisfacción.

  4. s f [RELIX]

    Termo bíblico que expresa a loanza de Deus.

  5. s f [PINT]
    1. Representación, nunha cúpula ou bóveda, do ceo cheo de anxos.

    2. Auréola con que se rodea algo nunha pintura ou representación.

  6. s f [CONSTR]

    Sistema de calefacción baseado nunhas galerías ou tubos de barro cocido situados baixo unha plataforma elevada sobre o chan, por onde pasa aire quente. Deriva dos baños romanos e árabes e emprégase nas casas rurais.

  7. s f [ALIM]

    Licor elaborado con mosto e augardente, propio da vila cacereña de Guijo de Santa Bárbara.

  8. s f [ALIM]

    Pastel de follado recheo de crema ou doutro doce.

  9. s m [MÚS/RELIX]

    Cántico da misa que comeza co verso “Gloria in excelsis Deo”.