gloria
(< lat glorĭa)
-
s
f
-
Grande honor, admiración ou fama que alcanza algúen polos seus méritos. Na tradición oral recóllense ditos como: “Coas glorias fóronse as memorias. Nos días de gloria esquécese a memoria. Gloria sen diñeiro é fume de palla”.
Ex: Acadou a gloria cos seus triunfos deportivos.
-
Feito ou acción que é motivo de orgullo, fama ou admiración.
Ex: O poema relata as glorias daqueles antigos guerreiros.
-
Persoa que é motivo de orgullo ou admiración.
Ex: Estaba considerada unha gloria nacional.
-
-
s
f
Esplendor ou magnificencia.
-
s
f
Cousa que produce gran placer ou satisfacción.
-
s
f
[RELIX]
Termo bíblico que expresa a loanza de Deus.
-
s
f
[PINT]
-
Representación, nunha cúpula ou bóveda, do ceo cheo de anxos.
-
Auréola con que se rodea algo nunha pintura ou representación.
-
-
s
f
[CONSTR]
Sistema de calefacción baseado nunhas galerías ou tubos de barro cocido situados baixo unha plataforma elevada sobre o chan, por onde pasa aire quente. Deriva dos baños romanos e árabes e emprégase nas casas rurais.
-
s
f
[ALIM]
Licor elaborado con mosto e augardente, propio da vila cacereña de Guijo de Santa Bárbara.
-
s
f
[ALIM]
Pastel de follado recheo de crema ou doutro doce.
-
s
m
[MÚS/RELIX]
Cántico da misa que comeza co verso “Gloria in excelsis Deo”.