Gloria

Gloria
[ONOM]

Antropónimo feminino procedente do latín gloria ‘gloria’, ‘reputación, sona’. Na maioría dos casos é un nome cristián, tomado da palabra inicial do himno litúrxico de glorificación a Deus e á Trindade, “Gloria in excelsis Deo”, ou da fórmula de loubanza á Trindade na misa “Gloria Patri et Filio et Spiritui Sancto”. Seguindo a tendencia cristiá, iniciada xa en tempos do Imperio Romano, de darlles un novo contido ás ideas abstractas, Gloria pasa de ser unha divindidade, asociada a Honor, a converterse en nome persoal feminino. Non obstante , tamén pode tratarse dun nome laico medieval, de carácter augural, aínda existente no latín do Baixo Imperio, que se lle daba á filla para vaticinarlle a gloria, a fama e o honor. A súa festividade celébrase o 25 de marzo.

Palabras veciñas

gloquidio | gloria | gloria | Gloria | gloria Patri* | Gloria, pórtico da | gloriar