Glyceria

Glyceria
[PLANTA]

Xénero de plantas herbáceas perennes, da familia das poáceas, que presentan follas planas e lígula membranosa. Son plantas que medran no fondo de ríos, pantanos ou prados moi húmidos. En Galicia pódense atopar as especies G. declinata e G. fluitans.