Glyndŵr, Owain
Glyndŵr, Owain
Nobre. Coñecido tamén como Owen Glendower e descendente dos últimos príncipes de Powys e Deheubarth, foi o líder da rebelión galesa contra a dominación inglesa (1400-1415). Proclamado príncipe de Gales ao inicio da revolta, foi recoñecido como tal por Francia, Escocia e os líderes irlandeses. Tras reunir o primeiro parlamento de Gales en Machynlleth (1404), foi derrotado polo exército inglés. Foi considerado un heroe nacional tralo rexurdimento do nacionalismo galés dos ss XIX e XX.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Gales -
Deceso