Godelleta
Godelleta
Municipio da provincia de València (2.365 h [2001]). O sector agropecuario constitúe a base económica do municipio, especialmente o cultivo de cítricos e uva de mesa. De orixes musulmanas, foi conquistada e repoboada en tempos de Xaime I de Aragón. Do seu patrimonio cultural destaca a torre árabe, ao redor da que se desenvolveu a vila.