Godó, Grupo de Comunicación

Godó, Grupo de Comunicación

Grupo empresarial formado en xuño de 1998 para a xestión dun holding relacionado co mundo da comunicación. Presidido por Xavier Godó e dirixido por Carles Godó, en prensa escrita, o holding dispón dos diarios La Vanguardia e Mundo Deportivo, así como das revistas Vanguardia Dossier, Magazine, Què Fem?, Qué Más!, Escape, Interiores, Historia y Vida, La Revista dels Súpers, Club e Guia del Treball. Dentro do ámbito radiofónico, xestiona unha cadea de radiofórmula (RAC 105) e unha convencional (RAC 1), dispón do 50% de Antena 3 Radio e participa cun 20% en Unión Radio. Ademais, posúe unha licenza de radio dixital en España. En Internet está presente con La Vanguardia Digital, Mundo Deportivo On-line, Los Clasificados.com, e no proxecto Viápolis, entre outros. No campo da produción audiovisual conta con GDA, e desde o 23 de abril de 2001 coa canle local Citytv. No eido da publicidade dirixe Publipress. Ademais do seu mecenado en actos culturais, patrocina o Trofeo Conde de Godó de Tenis e o Trofeo Conde de Godó de Vela.

Palabras veciñas

godello | Godínez, Enrique | godo -da | Godó, Grupo de Comunicación | Godofredo | Godofredo de Amiens, san | Godofredo I de Dinamarca