Goeritz, Mathias

Goeritz, Mathias

Artista plástico e arquitecto alemán. Formouse en Berlín e iniciouse cunha clara influencia expresionista. En París conectou cos ambientes surrealistas (1936-1939) e en 1945 estableceuse en España. Fundou a escola de Altamira en Santillana del Mar (1949) e trasladouse a Guadalajara (México), onde fixo obras escultóricas de dimensións arquitectónicas en metal e madeira, e creou o museo experimental El Eco (1953), sen obras. Foi autor das esculturas monumentais Torres Automex e Osa Mayor. Considérase un dos predecesores do minimalismo.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Gda&#

  • Deceso

    Lugar : México