Goffman, Erving
Goffman, Erving
Sociólogo canadense. Doutorouse na Universidade de Chicago (1953). Desenvolveu un modelo conceptual inspirado na dramaturxia para explicar a estrutura e os mecanismos da interacción social. Neste sentido, destacan os seus conceptos de face (imaxe pública que emana do individuo) e self (imaxe dun mesmo no dominio privado). A forza dinámica da microsocioloxía é a idea central do seu libro The Presentation of Self in Everyday Life (1959). Tamén publicou Asylums (1961), Stigma (1963), Strategic Interaction (1969), Frame Analysis (1974) e Forms of Talk (1981). Foi membro da American Sociological Association e presidente entre 1981-1982.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Manville, Alberta -
Deceso
Lugar : Philadelphia