Goián, casa grande de
Goián, casa grande de
Construción situada en Santa María de Ferreira de Pantón. Formada por varios corpos erixidos en diferentes épocas, a súa planta ten forma de L. Conserva dous patios e unha capela integrada no edificio da que sobresae o campanario na fachada principal. Nesta, presenta unha solaina do s XVIII e dous escudos coas armas dos López de Lemos, Valcárcel, Breganzos e Enríquez, e coas dos Saco, Ribadeneira, Quiroga e Valboa.