Goián, fortaleza de
Goián, fortaleza de
Antiga fortaleza situada en Goián (Tomiño) que defendía a fronteira portuguesa. Construída en 1673, estaba rodeada por muros de pedra e terra. Consérvase a muralla, a porta e a ponte que conducía a esta, formada por cinco arcos. Na porta consérvase unha inscrición coa data da súa construción. Tiña construcións adxacentes como capela, almacéns, polvoríns, cortes e barracóns para as tropas.