Golding, William

Golding, William

Escritor británico. Estudiou en Oxford e na súa obra amosa unha concepción pesimista da natureza humana, dominada pola violencia e pola ansia de poder. Da súa produción destacan Lord of the Flies (1954), The Inheritors (1955) Pincher Martin (1956), Free Fall (1959) e a triloxía Rites of Passage (1980), Close Quarters (1987) e Fire Down Below (1989). Recibiu o Premio Nobel de Literatura (1983) e o título de sir (1988).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Saint Columb, Cornualla

  • Deceso

    Lugar : Falmouth, Cornualla