Goldoni, Carlo

Goldoni, Carlo

Comediógrafo italiano. Exerceu como letrado, ata que en 1734 ingresou como dramaturgo na compañía de Giuseppe Imer, coa que estreou nese mesmo ano a súa comedia Belisario. Posteriormente colaborou con outras empresas teatrais, como o teatro de San Giovanni Grisistomo ou a compañía de Girolamo Medebach. Entre 1762 e 1763 traballou en París coa Comedia Italiana, cidade na que escribiu as súas Memorias (1787). A súa obra dramática está directamente relacionada coa commedia dell’arte, xénero dramático e teatral que recuperou e transformou, para chegar a un novo tipo de comedia de personaxes máis próxima á realidade social da época e máis achegada ao estilo que Molière desenvolvía en Francia. Ao mesmo tempo, tamén contribuíu ao desenvolvemento da opera buffa e da opera seria, para as que escribe máis de oitenta libretos. Das súas obras destacan textos como Arlecchino, servitore de due patroni (1745), La puta onorata (1749) ou La locandiera (1753), sobre a que o Centro Dramático Galego realizou un espectáculo (A pousadeira, 1987) con dirección de Xan Cejudo, amais de diversos guións de traballo, como o que utilizou Cándido Pazó para escribir a obra Commedia, estreada en 1993. A súa proposta de reforma teatral quedou reflectida no texto Il Teatro Cómico (1750).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Venecia

  • Deceso

    Lugar : París