golf

golf

(< ingl golf)

s m [DEP]

Xogo de pelota que ten por finalidade introducir nunha serie de furados, distribuídos sistematicamente ao longo dun percorrido accidentado, unha pelota de caucho, de 4 cm de diámetro e 46,92 g de peso, mediante unha sucesión de golpes dados cuns bastóns especiais. O partido pode disputarse individualmente ou por parellas. O percorrido, no que hai colocados unha serie de obstáculos naturais ou artificiais (arbustos, regos ou area), adoita ter entre 3 e 6 ha e ten 18 furados, situados no green, de 10,8 cm cada un. Gaña a competición o xogador que consiga facer o percorrido con menos golpes ou aquel que anote máis furados. O golf naceu en Escocia, durante o s XV, e converteuse no deporte nacional. Practícase moito nos países anglosaxóns desde os que se difundiu por todo o mundo.

Palabras veciñas

goleón -na | goles | goleta | golf | golfar | golfarada | golfarón