goleta
goleta
(< fr goélette, dim degoëland ‘anduriña’)
s
f
[MAR]
Barco de vela de dous ou máis paos, ademais do bauprés. Todos os paos son de dúas pezas e aparellan cadansúa vela áurica e escandalosa. Caracterízase ademais por ter xeralmente un casco de liñas máis finas ca os outros veleiros e por levar un mastro en cada pao, agás as polacras-goleta. De orixe estadounidense difundiuse polas costas altlánticas de Europa a finais do s XVIII. Desde finais do s XIX ata despois da Primeira Guerra Mundial, EE UU, nun último intento de competir cos vapores, construíron goletas de ata cinco, seis e sete paos.