Goliardos, Los
Goliardos, Los
[ESPECT]
Grupo de teatro creado en 1964 en Madrid por Ángel Facio. Foi un dos máis notables representantes do teatro independente español. Dos seus espectáculos destacan Ceremonía por un negro asesinado (1966), sobre textos de Arrabal, ou La boda de los pequeños burgueses (1970), sobre textos de Bertolt Brecht, os dous con dirección de Facio. O grupo desapareceu en 1971.