Gomeán, Santiago de
Gomeán, Santiago de
Igrexa parroquial situada no Corgo. É unha construción románica (s XII) e ten nave rectangular e ábsida semicircular cun tramo recto e outro curvo. A nave ten cuberta de madeira e a ábsida está cuberta cunha bovéda de canón e de cuarteiróns. O arco triunfal é semicircular e de aresta dobre. No exterior destaca a porta N, formada por un arco de medio punto, oculto por un tímpano liso en forma de lintel, que descansa directamente sobre as xambas.