Gomes, Francisco da Costa

Gomes, Francisco da Costa

Militar e político portugués. Licenciado en Matemáticas pola Universidade do Porto, ingresou no exército en 1931 e foi destinado en 1945 á base da OTAN en Norfolk. Desempeñou a xefatura do estado maior da provincia de Macau (1949-1951) e en 1961, trala súa participación na tentativa militar de abril, foi apartado da subsecretaría do Estado do exército, á que chegara en 1958. Foi nomeado segundo comandante da rexión militar de Moçambique (1965-1969) e posteriormente comandante da rexión militar de Angola, desde onde impulsou unha política de entendemento coa União para a Independência Total de Angola (UNITA). De volta en Portugal, foi nomeado xefe do estado maior das forzas armadas (1972), posto do que foi apartado tras negarse a xurar o goberno de Marcelo Caetano. Trala Revolução dos Cravos, foi un dos sete militares que constituíron a Junta de Salvação Nacional, que derrocou a ditadura. Finalmente, trala dimisión do xeneral Spínola asumiu a presidencia da República (1974-1976). Escribiu, entre outras obras, Sobre Portugal: Diálogo com Alexandre Manuel (1979).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Chaves

  • Deceso