Gómez, Domingo

Gómez, Domingo

Ourive. Especializouse no traballo do xaspe. Realizou con Domingos de Andrade a selección de xaspes e mármores que decoraron a capela do Pilar da catedral de Santiago de Compostela, onde realizou, entre outras obras, a peaña da estatua do Apóstolo Santiago que está no altar maior (1700); as pías de auga bendita e os seus respaldos das portas do Obradoiro, das Praterías e da Acibechería (1704); as portas da escaleira que levan ao camarín do Apóstolo (1704); as pías de auga bendita e os cepos da Porta Santa (1705); os cepos da capela das Reliquias (1705); e unha fonte para a praza de Praterías, iniciada en 1705.

Cronología

  • Deceso

    Lugar : XVIII