Gómez Amat, Carlos
Crítico musical. Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidad Complutense de Madrid, estudiou no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid, onde foi docente. Asesor musical da Universidad Hispanoamericana de La Rábida e profesor na UNED, foi redactor e xefe de programación, asesor musical e crítico da SER. Foi responsable da sección de música da revista Bellas Artes e, desde a súa fundación, crítico musical de El Mundo. Colaborou na Gran Enciclopedia Rialp, The New Grove Ditionary of Music and Musicians e no The New Grove Ditionary of Opera. Publicou Historia de la música española. Siglo XIX (1984) e Notas para conciertos imaginarios (1987). Membro correspondente da Real Academia de Bellas Artes de Nuestra Señora de las Angustias de Granada, formou parte da xunta directiva da Sociedad Internacional de Música Contemporánea. Recibiu o Premio Ondas (1966 e 1969), a Medalla de Ouro ao Mérito ás Belas Artes (1966 e 1997), o Premio Nacional de Radiodifusión (1968), o Premio Nacional de Juventudes Musicales (1969), a Medalla de Prata ao Mérito ás Belas Artes (1975) e o Premio da SGAE (1984).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Madrid