Gómez de Marzoa, Lope

Gómez de Marzoa, Lope

Notario, rexedor e comerciante de Santiago de Compostela. Recadador de rendas nos bispados de Lugo, Mondoñedo e Tui e armador, obtivo (4.9.1495) do abade de San Martiño Pinario a cesión dun espazo no anterior edificio do mosteiro de San Paio de Antealtares para establecer nel o Estudio de Gramática, que podería considerarse como un dos xermolos que levarían á constitución da Universidade de Santiago de Compostela.