Gómez Gayoso, Xosé
Gómez Gayoso, Xosé
Mestre e guerrilleiro antifranquista. Afiliado ao PCE desde 1932, foi secretario do comité local de Vigo ata 1935, data en que foi nomeado secretario de organización do Comité Rexional. Durante a Guerra Civil participou como miliciano na fronte de Guadarrama; posteriormente, ocupouse da propaganda do ministerio da Guerra, colaborou na redacción de Mundo Obrero desde València e volveu novamente á fronte na Batalla do Ebro. Trala contenda marchou a París e logo a Cuba, de onde volveu en 1944, e foi nomeado secretario de axitación e propaganda polo partido. En 1946 foi enviado á Coruña para ocuparse da secretaría xeral do comité rexional. O 11 de xullo foi detido e condenado a morte.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Maceda -
Deceso
Lugar : A Coruña