Gómez Paratcha, Vicente
Gómez Paratcha, Vicente
Avogado e diplomático. Fundou en Vilagarcía de Arousa a Agencia Arosa e dirixiu o Heraldo de Arosa. Membro da Federación Republicana Galega (FRG), foi enviado como agregado cultural á embaixada española en Perú. Tras ser expulsado deste país, acusado de comunista, estableceuse primeiro en Brasil e despois na Arxentina, onde traballou na compañía de seguros La Franco Argentina. Formou parte entre outras asociacións, das Irmandades da Fala, da Agrupación Gallega de Universitarios, Escritores y Artistas (AGULA) e da Agrupación de Intelectuales Demócratas Españoles.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Vilagarcía de Arousa -
Deceso
Lugar : Río Ceballos, Arxentina